Català | Español | English   

O noso desafío é coopera

Actualmente, moitas administracións públicas de todo o mundo están a desenvolver accións dirixidas ó software libre, mais aínda existe pouca cooperación entre estas experiencias gobernamentais.

Esta iniciativa busca compartir as experiencias técnicas no eido das políticas públicas das administracións en relación co software libre.

Nós propomos o seguinte:

  • Consolida-la iniciativa da «Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre», fortalecendo as relacións político-institucionais entre as diferentes administracións públicas e/ou outras redes de cooperación con obxectivos semellantes ou complementarios.
  • Estimular iniciativas técnicas de colaboración multilateral e/ou bilateral entre proxectos e necesidades indicadas polas administracións públicas que forman parte da «Rede», con obxecto de amplia-la liberdade, diminuí-los custos de desenvolvemento e comparti-lo coñecemento das experiencias para consolida-lo uso do software libre dentro dos gobernos.
  • Establecer relacións de cooperación bilateral entre as administracións públicas da Rede e os principais proxectos e iniciativas da comunidade do software libre internacional.
  • Procura-lo recoñecemento e a cooperación con organismos internacionais como a UE e maila ONU.
  • Elaborar un «plan de acción» (ou plan de traballo) conxuntamente entre as administracións.
  • Cómpre que nos inspiremos na lóxica do principal motivo do éxito da comunidade do software libre e que estimulemos a cooperación entre as diferentes administracións públicas.

O noso desafío é cooperar.

Barcelona, 8 de febreiro de 2006

FOBSIC